O PASADO VENRES, 20 DE MAIO, FOMOS Á CASA DA CULTURA
A VER O ESPECTÁCULO " ROSA CARAMELO" DA COMPAÑÍA TALÍA TEATRO.
FOI UNHA OBRA MOI DIVERTIDA E AMENA NA QUE NOS CONTARON AS HISTORIAS DOS CONTOS "ROSA CARAMELO", "ARTUR E CLEMENTINA", A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" E "UNHA FELIZ CATÁSTROFE".
PERO POR SE ISO FORA POUCO, DESPOIS FOMOS A VISITAR O CASTELO DE VIMIANZO E A VER COMO TRABALLABAN AS PALILLEIRAS.
ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADÍCASE A MANUEL MARIA,
POETA DESTACADO DA LITERATURA GALEGA.
PARA HOMENAXEALO, ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS,
OS NENOS/AS DA EEI DE CARANTOÑA
APRENDEMOS E CANTAMOS UN DOS SEUS POEMAS: " O CUCO"
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
Letra do poema: O cuco, cuco, cuqueiro O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro Cantareiro e madrugón Oise pola carballeira Ó vello cuco souril Ó nacer a primaveira Antre o marzo i o abril. O cuco, cuco, cuqueiro O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro Cantareiro e madrugón. ¡o vello cuco cucou E moito máis cucará! ¡o cuco non me capou E nunca me capará! O cuco, cuco, cuqueiro O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro Cantareiro e madrugón. Polas mañás ben cediño O cuco canta: cu- cu. ¡como o teño por veciño Eu trato o cuco de tu!